23 de Xullo de 1930.
É o último día da feira de A Montelada. Xente de boa parte da rexión veu a mercar e a vender, e inda moitos van quedar tamén para a festa do día seguinte. Mañá encéndense as cachelas.
"Empezouse a xestar este relato aló polos anos 70, cando aínda eu era un neno que gustaba de sentar polas noites ó carón do lume para oír as historias que contaban os meus avós. Daquela non sabía que esta historia ía acabar recollida en letra de imprenta, e non era máis que outro dos contos cos que meus avós me entretían a min e a miña irmá Marisa, para que estivésemos calados e non armásemos moito barullo. Uns días meu avó contábanos as súas andanzas de cando ía as mozas a Mecelas co seu compadre Manuel da Bardanca, aínda que eu creo que calaba tanto como contaba, sobre todo cando vía que súa muller andaba cerca. Outras veces era miña avoa quen tomaba a palabra e nos falaba da mariña que casara co Conde de Valderíos, ou nos asustaba con contos de lobos. Pero a historia dos que entraran na Torre de Pedrasvellas era a miña preferida.
No 1930, meu avó inda era un mociño de 15 anos que traballaba de criado na casa do alcalde de A Montelada. Non tiña máis estudios que saber as letras e as primeiras contas, pero traballaba ben e o alcalde tíñalle confianza. E así, indo do lado do alcalde, foi como coñeceu de primeira man as cousas que alí pasaron. Anos despois, xente moi erudita da Universidade de Santiago foi onda él para que lles contara a historia, e despois publicárono nun panfletiño tan erudito coma eles con outras lendas desta rexión, e falando dos elementos dos contos de medo galegos, e a relación cos cultos precristianos. Pero eu que coñezo ó meu avó, creo ben o que me dicía. Que este non era conto de medo ningún senon realidade que pasara, e que inda él vira e falara coa xente que entrara nas Pedrasvellas"
Fragmento de As Crónica de A Montelada de Xose Lois Armeiriz
Apuntes sobre a ambientación
Reglamento e creación de personaxes.