Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

Os estatutosde A Montelada

Cargando editor
05/09/2011, 20:26
Director

O sistema a utilizar, vai ser Rápido y Fácil, que se pode descargar gratuitamente nesta páxina.

E pasamos a deseñar as personaxes.

Paso 1: Escollede o que queredes ser. As personaxes deben ser persoas forasteiras na vila, que acudiran por un ou otutro motivo durante eses días. Poideron acudir pola feira, estar de paso ou acabar de chegar á vila. Algunha  persoa de estudos pode verse atraído á aventura por curiosidade ou ganas de emocións, pero a maioría dos personaxes deberían ser xente das aldeas. Algunhas ideas:

-feirante de roupa
-ferreiro
-afiador
-soldado
-salteador/ ex salteador
-contacontos
-cura
-menciñeira
-compoñedor/a
-mestre
-fillo do cacique
-emigrante retornado
-botador de sortes
-tratante de gando
-vendedor de cousas (mariñeiro/leiteira/campesiño)

-un labrego que volve de Castela da sega (os galegos ian a Castela a segar trigo na tempada, moitos ian andando ou en burriño ou similar, ainda nos 60)

-un fotógrafo-retratista

-un gaiteiro

Paso 2: Escollede un nome e unha imaxe. As imaxes, preferiblemente de fotos antigas ou debuxos como os que se poderían atopar en algún libro que contara os acontecementos. Nada de poñerse a George Clooney nin a Kate Perry

Paso 3: Ir repartindo os puntos. Pero iso deixámolo para cando teñades a idea dos vosos personaxes.

 

 

Cargando editor
18/09/2011, 21:55
Director

Como RyF é cortiño, gratuito e está online (máis fácil imposible), négome a explicalo aqui, excepto as dúbidas:

Podedes consultalo en http://www.rapidoyfacil.es/

Agora ben, sí explicarei algúns partes (indicando a páxina do manual onde podedes consultalo) porque pode haber variacións:

-Na páxina 8 tedes a descripción dos atributos. Repartide 40 puntos entre:

-Forza

-Resistencia

-Destreza

-Intelixencia

-Percepción

-Na páxina 10 en Adiante tedes a descripción de Habilidades. Tedes outros 40 puntos para repartir. A lista de habilidades que usaremos será:

-(P) Advetir/Notar

-(D) Armas a distancia

-(F) Armas C. a C.

-(D) Atletismo

-(I) Comercio

-(I) Conxuros e pócemas: Realización de conxuros, sortilexios e rituais de protección.
-(D) Escalar

-(P) Etiqueta

-(P) Disfraz

-(I) Leis

-(I) Lendas e tradicións: Coñecementos sobre lendas, supersticións e tradicións

-(I) Medicina: Medicina e primeiros auxilios "modernos" (para os anos 30)

-(P) Música

-(F) Pelexa

-(I) Relixión

-(P) Rastrexar

-(P) Rumores

-(I) Sanación/Herbas: Curación con herbas e remedios de enfermedades máxicas.

-(I) Relixión

-(D) Sixilo

-(D) Trampas/cerraduras

-(I) Supervivencia

Cargando editor
21/11/2011, 18:40
Director

Maxia

Este é un momento coma outro calquera para falar un pouco da maxia que podedes facer os que tedes algo de coñecemento de maxia.

En primeiro lugar, o Ciprianillo permítevos usar os conxuros que aparecen nel: ascender polo aire, desencanto de tesouros e outras cousas, pactos co demo (aínda que supoño que este non vos interesará moito)

Por outra parte, tamén podedes realizar conxuros de protección e maldición. Para maldecir a alguén necesitaredes algo desa persoa (un anaco de roupa, pelo, unllas) e un animal para representar á persoa, e normalmente implica poñerse desagradable co pobre bicho. Outra posibilidade é "imbuir" a maldición en un obxecto e conseguir que esa persoa o teña preto ou o use. Crear unha protección pode consistir no uso dun talismán ou en crear un espacio protexido (grabar un símbolo protector nas entradas, debuxar un círculo cunha cruz...)

Alguén ó que se lle botara unha maldición pódese curar atopando o obxeto ou a persoa responsable e rompendo o conxuro (pero ás veces, romper o obxeto ou matar ó meigo só fai que a maldición non se poida romper).

Conxuros e pócemas de amor: tamén precisan de algo da persoa a namorar ou imbuir un obxecto co conxuro.

Conxuros de adiviñación: serven para buscar ó responsable dunha enfermidade ou maldición, adiviñar o futuro (de forma vaga), averiguar se existe algo sobrenatural na zona e a súa natureza...

Sei que son un pouco vaga, pero aínda que coñezo uns cantos conxuros reais (no sentido de que se usan de verdade, non por suposto, de que funcionen) e tampouco costaría moito inventar uns cantos, prefiro que usedes a vosa imaxinación a darvos unha lista de feitizos e ingredientes. Pensade en qué queredes facer e dígobos se é posible ou non e a dificultade. Se hai algo que pensedes que debería incluir e que non puxen, pododes comentalo e vemos se encaixa.

En todo caso, sabede que non vai a haber efectos especiais espectaculares: nada de bolas de lume ou escudos máxicos, pensade máis ben no que se pode atopar nos contos de fadas.

Cargando editor
07/01/2012, 23:59
Director

Á hora de pelexar:

Puntos de vida: Resistencia x 4

Iniciativa: Destreza + Percepción + 1o3d10

Ataque: Fuerza + Armas CC/Pelea + 1o3d10

Distancia: Destreza + Armas Dist + 1o3d10

Defensa: Destreza + Armas CC/Pelea + 5

Dificultade nos ataques a distancia:

Distancia  Dificultade
Bocajarro 10
Corta 15
Media 20
Larga 25

 

Dano:

Navalla:1d6

Caxato, pau, etc: 1d6+1

Pedra: 1d4  (corta 5m, media 10m, longa 20m)