Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

A tasca do Pelexas

Cargando editor
07/11/2012, 19:09
milady

ai, qué triste escena ^_^

só por saber, a partida sigue?

Cargando editor
07/11/2012, 23:18
Faris

Non, se vos marchades, tiña pensado poñer o epílogo e rematala. ¿Ou queredes poñer un post máis de despedida do voso personaxe ou algo así?

Cargando editor
07/11/2012, 23:26
milady

Non, a verdade é que non tiña pensado post de despedida, porque non sabía se remataba. Me refería a que si de volta ao pobo lles sucedían máis cousas, ou o que sexa :)

Cargando editor
07/11/2012, 23:49
javierrivera2

Pois e un final bonito, triste e alegre o mesmo tempo.

Cargando editor
08/11/2012, 00:15
Faris

Pasan máis cousas cando volven o pobo, pero non creo que mereza a pena xogalas, poñerei o epílogo para cerralo todo, e nel xa aparecerá o resultado final do que fixestes, e o cerre do "relato". Así que se vos queredes despedir, facer comentarios sobre o que vos pareceu (terrible o meu ritmo, iso xa o sei, e discúlpome con vos, a pesar de que tería sido mellor disculpa telo solucionado), aprobeitade a Tasca antes de que cerre, e cumpride coa tradición española de esfolar ós que mandan. En serio, se queredes dicir algo sobre o que vos gustou e o que preriríades que fora de outra maneira, encantaríame lelo. Por exemplo, ¿pareceuvos moi dirixista? Non pretendía selo, e desde logo tampouco foi por onde eu pensaba que iría, pero a veces dábame a impresión de que non vos estaba dando moitas opcións. ¿Seníadesvos moi perdidos en algún momento co que estaba pasando? ¿Parécevos que a historia ten sentido ou pensados que hai moitos cabos soltos?

Cargando editor
08/11/2012, 10:48
moucho

Eu creo que o único problema era:

1) No meu caso que era unha temática á que non estou acostumado

2) En xeral o ritmo foi bastante lento cara o final, pero iso é culpa de todos.

Polo demais unha gran partida.

Cargando editor
08/11/2012, 12:27
milady

Coincido con Moucho, a min a partida gustoume. E paréceme que a temática era orixinal e ben traballada pola túa parte, Faris :)

Cargando editor
08/11/2012, 16:03
javierrivera2

A min tamén me gustou, aínda que evidentemente o ritmo foi moi baixo.

Se hai que poñer algunha pega, e que había demasiado combate (lobos e serpe) para o tipo de personaxes que levabamos. Nesas escenas eramos totalmente inútiles. Pero probablemente foi mais fallo noso (non facer personaxes mais versátiles) que teu.

A partida non foi especialmente dirixista, nin difícil de seguir, iso a pesar do ritmo lento, que sempre axuda a que te esquezas da historia.

Cargando editor
20/11/2012, 00:36
Faris

FIN

En un par de días cerro a partida.

Cargando editor
20/11/2012, 09:41
javierrivera2

Cita:

Fragmento de As Crónica de A Montelada de Xose Lois Armeiriz

Plas, plas, plas...

Precioso final :).

Cargando editor
20/11/2012, 11:35
milady

¡Xenial, xenial! ^_^

Cargando editor
20/11/2012, 13:25
moucho

Inmellorable!

Cargando editor
20/11/2012, 20:17
milady

Foi un pracer xogar con todos vós! :D

Ata outra! ^_^

Cargando editor
23/11/2012, 00:08
Faris

O mesmo digo, foi un pracer tervos como xogadores, e creo que realmente dotastes ós personaxes de caracter, en vez de ser unha colección de estadísticas.

Ata outra ocasión.