Partida Rol por web

Crónicas de A Montelada

Capítulo 2: Vixilia de unha noite de verán

Cargando editor
06/11/2012, 00:00
Don Cibrán

-Eu sempre honro a miña palabra. Se é como dicides, ó amencer os osos dos que morreron estarán no pobo e poderédelos enterrar no voso cemiterio. Eu conseguín algo e vos tamén, pero xa non temos nada máis que tratar. Por esta noite, posto que me fostes proveitosos deixarei que marchedes sans e salvos, pero non vos prometo o mesmo para a vez seguinte. Xa é hora de que vos vaiades das miñas terras.

Cargando editor
06/11/2012, 09:48
Antonio Anta Gonzalez

Antonio asente mirando mais para Dona Isabel que para Don Cibran. Sen emitir son ningún a súa boca volve a pronunciar a palabra GRAZAS. Despois, sen despedirse empeza o camiño de volta para o seu mundo, facendo un xestos os seus amigos, pois xente coa que viviu tanto non poden ser outra cousa, para que o acompañen. A tristura domina a súa expresión e o seu andar.

Cargando editor
07/11/2012, 19:01
Marisa Cabanas

As verbas de Don Cibrán non deixaban lugar a dúbida: quería que nos marchásemos dalí sen demora algunha. Os meus pes eran de chumbo cando me decidín a moverme, pois o meu corazón se negaba a abandoar á súa sorte a Dona Isabel, que tanto sacrificio facía..

Don Antonio foi o primeiro en ir indo, e pouco a pouco fíxenme o ánimo de facelo eu tamén. Non me saían as palabras, mais quixen tentar despedirme.

-As ánimas dos penados están agradecidas, e velarán por vostede, Dona Isabel...-con un aceno de despedida cara don Cibrán, vireime.

Bágoas silentes corrían polas miñas meixelas cando din volta, e reenprendín o camiño de volta seguindo ao cura.

Cargando editor
08/11/2012, 10:43
Ramiro "Xugho" Sanromán

Ramiro, acenou cara Don cibrán e deu volta, sen dicir unha verba sequera, seguindo a Don Antonio. Mais, cando ían abandona-la sala, parou, virou, e mirou para Dona Isabel cunha inmensa compaixón. Logo, deu volta de nova de nova e seguiu o seu camiño...

Cargando editor
12/11/2012, 22:12
Director

"Ó romper a mañá aquel mociño que era meu avó achegouse de novo co carro dos bois a buscar ós tres que entraran en Pedrasvellas. Levaba un allo e un crucifixo bendito polo cura no bolsillo, e para espantar o frío e o medo, xa lle dera unhas probadas ó viño que lle deran para aqueles tres. Mais inda así non puido evitar presignarse e rezar un Padrenuestro polo baixiño, cando os viu aparecer por entre a néboa, coas roupas rachadas e manchadas de sangue, sen estar seguro nun primeiro momento se estaban vivos ou eran unha aparición que viñan a reclamarlle que os tivera levado ata alí. Fora a curiosidade ou o arroxo dos anos mozos, ou quizais vergoña de que se riran del no pobo se fuxía dos que fora a recoller, meu avó armouse de valor e foi a socorrelos. Tan cansados estaban que pouco máis non se podían ter de pe, co cura tentando aguantar a dor dos golpes que parecía ter levado. Nun dormevela chegaron á Montelada, onde a pesar da hora xa todo o mundo estaba en pe e diante do concello. Pero ese día, a cousa pouco tiña que ver con festas. A medida que se achegaron, podían oír a xente murmurandose asus tados uns a outros cousas sobre meigallos e os mouros, e facendo o sinal da cruz, mais pouco podían saber que era o que estaba pasando, con toda aquela xente alí no medio sen deixarlles ver nada. Iso pronto se solucionou, cando se deron conta de que ía no carro, foise facendo pouco a pouco o silencio, e a xente apartouse facendo un pasillo entre eles e a entrada da praza. Alí estaban o alcalde mais o cura, e decenas de caixas de mortos estaban no chan da praza, colocadas en ringleiras.

Moitas veces tiveron que contar e recontar a súa historia, antes de que todos estiveran satisfeitos, aínda que o alcalde non chegou a estalo nunca. El quedou sen as terras que pretendía, e on parecía que o mouro llas fora a ceder moi pronto. E a pesar de que nun primeiro momento negouse a pagarlles o que fixeran, o cura de Montelada e o resto da vila puxéronse da parte daqueles tres, e ó vello avaro non lle quedou mais remedio que soltar os cartos. Ó día seguinte os osos dos que morreran nas Pedrasvellas foron enterrados no cemiterio da vila, por fin en terreo sagrado, e coas misas de mortos que lles correspondían. Queira Deus que por fin conseguiran a paz que se lles negara durante tanto tempo.

Don Antonio e o tratante de gando marcharon cada un polo seu lado pouco despois de todo isto, e a mestra pasou varios anos en Montelada, antes de recibir un destino cerca de onde nacera e marchar ela tamen, a última dos tres que sabía o que pasara alí arriba de primeira man. Eu nunca cheguei a coñecer a ningún deles, por moito que me tería gustado preguntarlles polo raza do can de madeira, e pola roupa que levaba Marcelino, se era verdade que levaba tanto tempo alí enterrado, ou pola filla do mouro.

E as Pedrasvellas...Ninguén volveu nunca a ter ganas de subir por aló enriba. O camiño hoxe en día está cerrado de silvas e toxos, e ata os que non coñecen a historia, non lles sería facil subir aínda que quixeran.

Como mo contou o meu avo conteuno eu agora. E os que lean isto ben poden ir a durmir cavilando no que inventan algúns autores para que lles publiquen un libro, e pensando que non se van deixar eles enganar polos contos de medo para asustar ós nenos. Pero eu, que moitas veces me teño achegado ata a beira daquel río, pensando no que habería o outro lado, inda podo recordar o día na que o vento trouxo os meus oídos a voz daquela muller cantando nalgún sitio entre as árbores, con unha voz que rompía o corazón de tristura. E estarei sempre convencido, de que tal e como dicía o meu avó, alí inda está dona Isabel, a muller do mouro, doéndose do seu destino."

Fragmento de As Crónica de A Montelada de Xose Lois Armeiriz