Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo I : Un serán de verán

Cargando editor
17/03/2011, 23:28
Gael "Penedo" MeicBrido

Dado que non hai moito tempo miro cara os meus compañeiros:

- Vou cambiar un pouquiño, non teñades medo seguirei sendo eu.

Dito isto comezo o ritual para mudar en lobishome. Comeza cun escozor pola pel. Despois a pel queima aínda que non doe. Comezo a sentir como o meu corpo se enche de pelo os músculos aumentan, as costelas se ensanchan, as pernas cambian saeme rabo, o fuciño, as orellas, as gadoupas. Todo o meu corpo muda. Debería doer, pero non doe, sinto a dor que debería ter, mais non teño dor. Cando abro os ollos e miro as miradas dos meus compañeiros non podo facer otra cousa que sorrir, e aullar cara o ceo en sinal de xúbilo, pois sempre que mudo en lobishome sinto unha forza e unha ledicia dentro de min que non teñen límites.

Cargando editor
18/03/2011, 11:19
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan apareceu correndo rúa abaixo. Levaba o escudo ás costas e a lanza apoiada nun ombreiro. Do estremo da lanza penduraba o pequeno saco coa equipaxe. Sorprendeulle a presenza do lobo e mailo lobishome, mais non era a primeira vez que se atopaba ante cousas similares.

Alcanzou ós outros nun intre. Parecía completamente despexado, inda mascaba algúns dos grans que lle dera Bren.  – ¡ Imos matar bechos.! – espetou antes de poñerse a camiñar cara onde se encontraba o rei.

Cargando editor
18/03/2011, 12:29
Aldán Mactramar

Cun sorriso divertido miro a Gael.

Eu creo que agardarei un pouco máis... Por certo, ¿non terás piollos, non sí? Non quero ter que rapar, cousa mala.

Mirando ao resto dos meus compañeiros pregunto:

Ben, ¿Algunha idea? Os sidhe non son moi listos, de seguro que podemos tenderlles algunha trampa.

 

 

Notas de juego

¿Podo convocar outros bechos? :3

Cargando editor
18/03/2011, 13:01
Balgadrox "O Mouro"
Sólo para el director

-Gracias, vello.-di Balgadrox mentres colle un dos grans e o mete na boca-¡Puagh!.

A faciana do mozo contráese co seu sabor. De súpeto, arrebata a botella que lle cedera a Xan e bota un bo grolo para baixala.

-Agarda Xan. Vou contigo. Sei manexar a lanza e a espada. Podería servir de axuda protexendo os muros.

 

Cargando editor
18/03/2011, 14:08
Contacontos

Notas de juego

 Co teu nivel, d emomento vamos deixalo en que podes convocar 1 á vez.

Cargando editor
21/03/2011, 21:52
Contacontos

 Pouco a pouco, os adarves das murallas vanse enchendo, ate tal punto que moitos guerreiros non caben neles e esperan detrás das portas. A axuda que o rei Mirrado recibiu era mais da esperada, posto que fai escasos intres, empezaron a chegar mais aliados, algúns carros con armas...incluso un pequeno grupo de Oisín. Así por enrriba haberá preto das 800 persoas entre guerreiros, exploradores, druidas e demáis xentes.

 

No adarve, xusto enrriba da porta, está o rei Mirrado, canda os dous homes misteriosos. Preguntando aos guerreiros, dicenvos que un deles é Cuculán o fero, guerreiro coñecido pola sua valía nas terras de Lugh e nos castros cercáns, e que o outro e un breixán descoñecido (nota: os breixáns son homes dunha nación lexana, nación que á sua vez está envolta en lendas misteriosas sobre monstros e ritos estranos. Pouco se sabe deles, máis non están "catalogados" como mala xente...so un pouco rariños).

 

Parece que os preparativos remataron xusto a tempo, pois cando os últimos guerreiros chegan, ao lonxe empázanse a divisar linguas de fume que parecen sair de fachos ou algo similar, son centos deles.

Notas de juego

 Ide poñendo mais ou menos as vosas ideas do que preparastes para a batalla, para eu telos en conta e cambiamos de escena. E non vos preocupedes, os que mudastes de forma, ou os que convocastedes un animal, póñovos mañan na nova escena as características, e os que tedes armas, especificade que é o que tedes (escena: a tenda) para poder darvos as características tamén.

 

Esta escea foi para ir probando eu como era o mundo un pouquiño, introducir a historia e que probarades vos tamén como é Gáidil. A seguinte escea será un tutorial de combate e maxia (tanto para vos como para min, polo que vos pido paciencia e comprensión, é a primeira vez que utilizo este sistema. E a partir de ahí xa espero que sexa unha trepidante historia de aventuras...se sobrevivides.

Cargando editor
22/03/2011, 19:21
Gael "Penedo" MeicBrido

Xa teño a forma axeitada para a loita, collo as apócemas e póñoas no zurrón que coloco na miña cintura a modo de cinto por se me fan falta. Collo o látego e diríxome cara as murallas para defender aos arqueiros e demais guerreiros que leven armas a longa distancia e fago un aceno aos compañeiros para que me sigan, se queren claro.

Notas de juego

Ben eu teño pensado colocarme na muralla detrás dos arqueiros se os hai, se o lobishome non esnaquizou toda a roupa ao mudar teño preparadas as apocémas de curación por se me fan falla na loita e o látego na man.

Cargando editor
22/03/2011, 20:13
Contacontos

Notas de juego

 Todo correcto, pero asumamos que vas espido co zurrón na cadeira. Asumo que como sabías que as roupas racharían coa mutación as quitache antes. Eso ou en forma de humán vistes moi holgado e en forma de animal coa roupa "petada". Espero a ver que din teus compañeiros e póñovos a segunda escea.

 

 

Cargando editor
22/03/2011, 21:28
Aldán Mactramar

Gael, faime un favor. Son un feiticieiro que coñece algo de maxia de lume, e estes bechos veñen dende a garganta do frío-Digolle mentres tento seguir o seu ritmo

Mentres, miro aos outros homes, semi bébedos- Por favor, se vades á baiuca cargade co alcol que poidades, eses bechos non han de disfrutar ardendo entre o licor de herbas. Ademáis, así podemos comportarnos con seriedade, ¿Non sí?-Digo cun sorriso irónico.

Podemos usar iso para frear as primeiras oleadas de sidhe. Non será dabondo, pero teremos algo por onde comezar.

Acariño o lobo que acabo de convocar e lle digo preto da orella:

Tí agarda ata que estén preto de nós, ¿vale? 

Cargando editor
22/03/2011, 22:39
Balgadrox "O Mouro"
Sólo para el director

Balgadrox bota unha ollada polos arredores., supoñendo que nalgures estarán a montar un posto de intendencia onde conseguir equipamento axeitado para a batalla. Ten a súa espada, mais unha armadura de coiro, lanza e escudo non estarían de mais. Logo a cousa sería integrarse en algunha unidade de defensa e tentar de facer o que se poida.

Cargando editor
22/03/2011, 22:41
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

Xan faille caso a Aldan e carga con un par de botellas de licor. Non era mala a idea que tivera o rapaz. Logo segue exactamente a mesma táctica que Gael, sube ata a muralla e fica detrás dos arqueiros. En principio non sería de moita axuda pero no caso de que os sidhe conseguisen rebasala muralla algén tería que detelos aló enriba. Ademais buscou unha posición da muralla preto da porta para estar preparado en caso de que conseguiran entrar por aló.

Cargando editor
22/03/2011, 22:47
Aldán Mactramar

Graciñas compañeiro-Digo, cando vexo que o home trae unhas barricas con licor. -Se non vas a usar o arco, ¿poderías encargarte de repartir o bebedizo cando sexa preciso? -Digo, mentres preparo o meu arco e as miñas frechas.

Cargando editor
22/03/2011, 23:02
Gael "Penedo" MeicBrido

Xa tomei posición na muralla, voto unha ollada rápida doulle un capón a Aldán e vou cara a baiuca, cando volvo levo todo o alcohol que podo e volvo a situarme na posición.

Cargando editor
23/03/2011, 14:00
Contacontos

 A falta de que Zeltia conteste, cambiamos de escea.

Cargando editor
13/07/2013, 16:26
Sólo para el director