Partida Rol por web

A espada de MacMorna

O día a día

Cargando editor
19/02/2011, 00:10
Contacontos

Sistema social.

 

O sistema social dos Guéghal baséase principalmente no respecto mutuo e saber cada un onde está a súa ocupación.

Básicamente, cada castro ten un Rei. Ás veces un só Rein pode gobernar varios castros.O título normalmente é herdado, aínda que nalgúns castros usan un sistema de ordalías, nas cales o vencedor asume o título.

Por debaixo dos reis están os nobres, que veñen sendo xentes con certa consideración social por actos realizados no pasado polos seu devanceiros, ou por eles mesmos. Non teñen ningún tipo de superioridade sobre os que non son nobres. A principal diferencia é que teñen mellores armas e van máis a miúdo á guerra e, por isto, gozan da confianza do rei, que os exime de traballos artesanais ou agrarios. Dentro deste grupo tamén están os magos e os sacerdotes, que acotío actúan como conselleiros pra nobres e reis.

Logo están os artesáns e campesiños, que traballan a prol da comunidade preparando ferramentas e alimentos. En casos de extrema necesidade ou voluntariedade, pódeselles esixir que acudan á chamada da guerra, pero o normal é que non sexa preciso.

Totalmente fóra do sistema e moi por riba del temos os druídas. Os druídas interactúan cos castros como conselleiros, e cada castro conta cun "druída local" que se encarga dos ritos e as leis. Por outro lado temos os bruxos e os feiticeiros. Sábense vítimas do ostracismo e do medo da xente. Os máis versados na etiqueta poden chegar a ser Magos da corte, mais o normal é que non poidan aguantar estar entre xentes menores e incultas e prefiran a soidade dunha torre. 

Nun plano diferente están os aventureiros. Son xente que pode pertencer a calquera estrato social pero que sente a chamada da gloria e a aventura, ou do coñecemento. Adoitase xuntar en irmandades con regras propias de admisión e actuación, e cometidos variados (hainas que se dedican a acumular riquezas, outras a matar Sidhe, outras a defender unha zona ou un ideal en particular, outras a buscar coñecementos esquencidos, etc.)

 

Cargando editor
19/02/2011, 00:22
Contacontos

 Relixión.

 

Os Guéghal son xentes moi relixiosas. Cren nos deuses dun xeito total por unha sinxela razón: porque nun momento da historia, conviviron con eles. Ou doutro xeito: todos os deuses de Gáidil foron xente que chegou a un estado de divinidade. Os deuses que seguen os Guéghal son os seguintes:

 

-O Ancián, Lugh: Foi o derradeiro do mundo anterior e é o primeiro deste. Foi o que creo ó Drú, e é por iso o meirande dos Deuses. Respétano como un vello que da luz e calor ó mundo, e tamén como un fermoso mozo armado cunha lanza.

-O Drú: é o home carballo, o primeiro nacido deste mundo e creador das sementes que deron lugar a tódalas razas. É moi venerado, sobretodo por druidas.

-Ogmios: Señor da ciencia e da elocuencia. A el se lle pidén beizóns para os amigós e males de ollo para os inimigos. É o inventor da escritura secreta dos druidas, o oghámico.

-Dagda:é o Deus que da e quita a vida. Deus da resurrección e da rencarnación. Moi venerado por parteiras e mulleres encintas.

-Lir: é o Deus dos mares, o granxeiro das ondas, que coida dos peixes coma se gando fosen. Ó inmenso mar Solpor tamén se lle chama "as pradarías de Lir"

-Cernunnos, o Hastado: Deus da natureza. Señor das bestas da terra. Señor da fertilidade, a saúde e das fragas. Os druidas que veneran a Cernunnos son chamados Oisín (singular: Osián) e disque son capaces de mudar de corpo (a cervo normalmente) e coidan de fragas e bosques.

-Goibniu: Deus dos ferreiros, él traballa o metal no sol.

-Morrigan, a Dona Terríbel: Deusa da guerra e do valor. É adorada especialmente polos fianna e todos aqueles que son guerreiros profesionáis. Esta Deusa dálle unha visión de honor e sacrificio á guerra, non unha visión negativa. Aparece na forma dunha bela guerreira ataviada para a guerra ou coma un corvo moi grande, tamén na dun animal espantoso(serpes, lobos...etc)

-Belenos: Deus curandeiro, e capaz de dar oráculos e visións.

-Taranis: Deus do lóstrego, o trono e dos espazos celestes.

 

 

Os rituales relixiosos son levados a cabo polos Druidas, no obstante a relixión en Gáidil non é algo organizado. Hay un Deus para cada problema (morrigan para a guerra, Lir para o mar...) pero un mesmo problema pode ser resolto por varios Deuses.

Cargando editor
19/02/2011, 00:50
Contacontos

 Druidas.

 

A palabra drú significa carballo, así druida quere dicir "aquel que coñece o carballo". os druidas representan entre os homes de Gáidil o coñecemento e o respecto pola natureza. As relixións, e os cultos, así como os ritos a cada deus, organízanse segundo as necesidades do momento e de cada pobo, pero sempre son dirixidas por un druida. 

O pobo, descoñecedor da escritura debe confiar no que saben os druidas e sacerdotes máis na tradición oral dos seus maiores. Os druidas teñen un calendario de días especiais nos que sitúan os momentos propicios para colleitas, casamentos, acordos de paz...

Pero non todos os que exercen de druidas, son druidas realmente, o druida é o "rango máximo" da profesión, de modo que ao longo da sua vida, un druida pasa polos seguintes estadíos (por orde):

-Amdaurs (túnica amarela): Aprendiz de druida. Axudan aos que xa saben, case sempre facendo o traballo máis duro.

-Bardos (túnica azul): Encargados de amenizar as festas as festas e as celebracións, recitando e cantando en prosa ou en verso as fazañas de heros e reis. É tal o respecto que lles teñen, que non precisan usar armas para atravesar o territorio de varios clans.

-Sabios (túnica vermella): Encárganse de compilar o coñecemento e transmitilo ao pobo. Practican a profecía, e estudan filosofía, astronomía e medicina.

-Druídas (túnica branca): Profesan culto aos antepasados e son portadores da sabedoría ancestral. É o derradeiro estadio.

Cargando editor
19/02/2011, 01:05
Contacontos

 Pequena nota sobre o tempo.

 

En Gáidil, o paso do tempo non se mide en anos, senón en referencias mais tanxibles. Formas de expresarse sería por exemplo, "Fai 4 invernos da última guerra" ou " isto non pasaba dende o décimo ano de reinado do Rei comosechame"

Cargando editor
19/02/2011, 01:09
Contacontos

 Pequena nota sobre o funcionamento dos castros.

 

Os castros funcionan como unha comunidade. Todos os seus habitantes traballan en beneficio común do castro, non no propio.Cada un traballa dentro das súas posibilidades, pero traballan todos, dende nenos ata anciáns. As colléitas repártense, as armas defenden a todos...ainda que cada familia ten a sua choupana.

Os que viven fora dos castros teñen a liberdade de non compartir, pero perden a forza do grupo.

Cargando editor
19/02/2011, 01:19
Contacontos

 Pequena nota sobre o comercio.

 

A forma principal de comercio na Gael-Leach é o troco. Básase no tamaño e na utilidade. Por exemplo unha rede pode ser obxeto de troco para un mariñeiro, pero non para un ferreiro do Piornal.

Ainda que poucas e primitivas, tamén existen as moedas: os fachos de breogantia, os roscóns dos lugóns, os óbolos dos helenos e as cabezas de machado, que se atopan en zonas pouco civilizadas, pois foron sustituidas polos fachos. No obstante non as aceptan en tódolos lados, e un Guéghal esfameado non cambiará unha galiña por todolos fachos do mundo.