Por fin te desfas de ese demo, que ainda morto, deuche que facer, érgueste e xa so ves un demo, o que ataca a túa amiga e a ten presa. Tes as pernas dormidas e costache andar, pero telo decidido, darás a vida por salvar a teus compañeiros, pois eles o mesmo farían.
Apenas das dous pasos cando algo con un pelaxe denso te roza e te adianta, un lobo enorme, ves como se dirixe hacia Zeltia, pero non chegas a ver o que pasa pois o ruido dunha inminente carga de cabalería devolvete á realidade. A penas te das apartado, ¿ou son eles os que te esquivan?, o caso e que non son demos, son, son...unhs Gehel moi raros, pero Gehel o fin e o cabo. A polvareda que levantan obrigate a tapar os ollos e non te deixa ver.
Seña o que seña, ti segues vivo, e os demos estan a pagar por todo o que fixeron. Pero..qué é e que será dos teus compañeiros: Zeltia, o druida cara de cervo, penedo, ou incluso de Muria, aquela valente guerreira. Non podes evitar tampouco acordarte dos teus compañeiros, que quedaron en terras dos lusóns, pra darvos opcións de escapar.
Cambiamos de escena
Saes correndo, sen pensalo cara Zeltia, saes tan rápido e tan cegado que case te arrebola a cabalería pois consegues meterte xusto diante deles, incluso coa rabia do momento, consegues sacarlles terreo, pasas ao lado de Balgadrox, que tamén estaba cargando hacia Zeltia, pero obviamente, deixalo moi atrás. En poucos segundos estás a altura de Zeltia.
Cravas as túas enormes mandibulas na cara do demo, e sintes como rompe oso e se desgarra a carne, aquel demo xa está morto, máis antes de cravarlle as fauces non podes evitar fixarte un segundo en Zeltia:
Xa non loita por liberarse, a sua cara está pálida, e os seus ollos non miran a ningures. Parece morta.
Cambiamos de escena.