Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo II: Inimigo as portas

Cargando editor
31/03/2011, 14:58
Balgadrox "O Mouro"

A unidade na que lle había tocado loitar o chairego, retrocedía ante o avance do inmigo. Os demos foron quen de traspasar os muros e xa no adarve, obrigaban as tropas a repregarse. Os berros dun improvisado sarxento tentaban recompoñer as tropas con escaso éxito. Os homes que, coma Balgadrox, continuaban na formación tentaban de deter o inmigo aguantando a posición.

Balgadrox aferrou o seu escudo con forza e botando unha perna cara atrás para ofrecer máis resistencia ao inmigo, dispuxo a lanza firme, apoiada contra o chan, a espera dunha nova embestida.

- Tiradas (2)

Tirada: 2d6(+5)
Motivo: Ataque Balgadrox
Resultado: 5(+5)=10

Tirada: 2d6(+5)
Motivo: Defensa Balgadrox
Resultado: 6(+5)=11

Notas de juego

2 dados de ánima a ataque e 2 a defensa.

Cargando editor
31/03/2011, 23:49
Zeltia MacLain

Miro ao meu arredor.. A Xente de Lugh fai o que pode, aída que penso que se houberamos tido algo de tempo para organizármonos un pouco mellor, ou entrenalos algo no combate, non nos houbese vido mal, pero...éche o que hai!

Aferro a miña espada, e prepárome para o choque contra as bestas. O arco xa non é útil estando tan preto, así que o deixo a un lado para que non dificulte os movementos. Os meus compañeiros mudaron, e lembrei que eu tamén podería, pero coido que serei máis útil coma humana.

Uns sidhe trepan cara a miña posición, en canto os teño ao meu alcance lanzo un mandoble de espada, tratando de detelos..

- Tiradas (1)

Tirada: 3d6(+2)
Motivo: éxito no mandoble?
Resultado: 12(+2)=14

Notas de juego

3 de ataque,1 de defensa

Dinme conta que me trabuquei de arma no modificador,por un punto.Non merece a pena volver tirar,ou? :)

Non tiro a safar,porque non me atacan desta vez.

Cargando editor
04/04/2011, 22:00
Contacontos

 Aldán, sen pararse a pensar muda en oso e bota un ruxido que parece desmoralizar os sidhe cercáns, máis non mais dun intre. Ao seu lado, unha figura a medias entre home e lobo, ouvea antes de soltar unha zarpada contra un sidhe, que cae o chan mais morto que vivo, pero respirando. Mentras o lobishome intentaba saborear a victoria sobre do seu primeir inimigo, outro sidhe mételle unha boa ostia no lombo, máis a gorda pelaxe que o recubre impide que o dano sea moi grande, un moratón no día de mañá e pouco mais. Mais o lobisome dase conta de que ha de centrarse mais, o que desta vez foi un golpe pra próximos despistes pode supor que a cabeza se separe dos hombros.

 

Aparte dos dous cambiaformas, está a barricada de guerreiros castrexos que resiste con valentía o embestir dos sidhe contra os seus escudos, tanto Xan coma balgadrox conteñen con forza pura os inimigos, facendo un muro cos seus escudos. Varios son os sidhe que golpean niles, mais os brazos dos nosos valentes aguantan tanto como a muralla e os demos só consiguen gastar o fio das suas armas. Nun momento de desesperación, o sable dun dos demos queda enganchado na madeira do escudo de Xan, momento que non é desaprobeitado, pois duas lanzas impactan no peito do demo, a de Balgádrox consegue atravesalo, e a de Xan ten a mala sorte de dar na armadura e non penetrar.

 

Uns metros mais o leste, unha furiosa guerreira ártabra, fai aspaventos mortáis co seu mandobre. Os demos menos temerarios, manteñense a distancia prudencial, mais un bravucon intenta atacar á guerreira, mais o único que conseque e quedar sen un brazo na intentona. A ártabra embate con tanta forza que lle cercenou o brazo sen problemas. Así pensarano dúas veces para a próxima.

 

No obstante, a pesar de ter uns Guéghel  tan bravos combatendo, e os demos caer a moreas. Donde un demo cae aparecen dous mais, mentres que donde un Guéghel cae, non hay quen o remprace. A superioridade física e combativa e para os humáns, pero hay 10 demos por cada un de vos...algúns empezan a rezar a varios deuses, para que o amencer chegue pronto. E a verdade... razón pra facelo non lles falta.

- Tiradas (9)

Tirada: 2d6
Motivo: Becho gael (safar)
Resultados: 3, 1

Tirada: 2d6
Motivo: Becho gael (ataque)
Resultado: 11

Tirada: 2d6
Motivo: Becho Xan (ataque)
Resultado: 6

Tirada: 2d6
Motivo: Becho Xan (safar)
Resultado: 10

Tirada: 2d6
Motivo: Becho Balgadrox (safar)
Resultado: 9

Tirada: 2d6
Motivo: Becho Balgadrox (Ataque)
Resultado: 4

Tirada: 2d6
Motivo: Becho Zeltia (Ataque)
Resultado: 8

Tirada: 2d6
Motivo: Becho Zeltia (safar)
Resultado: 2

Tirada: 2d6(+1)
Motivo: Safa zeltia
Resultado: 6(+1)=7

Notas de juego

 Perdoada as tardanzas, xa puxen os motivos fai uns días na baiuca. Seguimos co ataque.Outra oleada. 

Cargando editor
04/04/2011, 22:18
Aldán Mactramar

Notas de juego

¿Cantos dados de pelexa e de arcano ten o oso?

Cargando editor
04/04/2011, 22:26
Contacontos

5 peñexa 1 arcano

 

Cargando editor
04/04/2011, 22:28
Aldán Mactramar

Dixen que defendería esta locura... E o farei.

Cun fero ruxido, xa completamente transformado, collo e cargo xunto co meu lobo cara a masa de sidhe que hai na ponte, ente espumaraxos no fouciño e xadeos, coa bestia ollando nos meus ollos, totalmente fora de min.

- Tiradas (4)

Tirada: 3d6(+3)
Motivo: estopa
Resultados: 6(+3)=9, 4(+3)=7, 3(+3)=6

Tirada: 2d6(+3)
Motivo: safar
Resultado: 8(+3)=11

Tirada: 2d6(+4)
Motivo: estopa (lobo)
Resultado: 7(+4)=11

Tirada: 2d6(+3)
Motivo: safar (lobo)
Resultado: 7(+3)=10

Notas de juego

3 dados para darlles estopa i 2 para safar, imos ao tolo.

 

Tiro polo meu lobiño tamén :3

Merda, non desglosei...  a primeira é un 16

Non sei canto teño que tirar por dano para min, así que ti xa verás. corpo 7 + o dano das miñas garras.

O lobo tampouco o teño claro, ten corpo 3

 

Cargando editor
04/04/2011, 22:32
Gael "Penedo" MeicBrido

Aaaarg iso doeu. Debo ir con tino pra non rematar a pelexa antes de tempo. Pero non podo parar cargo de novo.

- Tiradas (3)

Tirada: 2d6(+5)
Motivo: ataque
Resultados: 5(+5)=10, 5(+5)=10

Tirada: 2d6(+3)
Motivo: defensa
Resultados: 2(+3)=5, 1(+3)=4

Tirada: 2d6(+3)
Motivo: defensa
Resultados: 1(+3)=4, 6(+3)=9

Notas de juego

4 dados 2 pelexa 2 defensa

Non sei que pasou fixome algo raro e tirou 2 veces defensa, ignora a ultima tirada

Cargando editor
04/04/2011, 22:56
Xan "Papaxoubas" Meic Morn

 

O sidhe caeu ó chan. Xan votou unha ollada por riba do escudo, aínda co sable do becho chantado. – A cousa non pinta ven, hainos que votar do adarve. –

Lanzouse con furia contra a masa de bechos que estaba ao borde da muralla. A lanza sobresaía catro palmos por diante do escudo. - ¡CARGADE LUGÓNS, VOTÁDEOS ABAIXO! –

 

- Tiradas (2)

Tirada: 3d6(+4)
Motivo: ataque
Resultado: 11(+4)=15

Tirada: 1d6(-1)
Motivo: defensa
Resultado: 6(-1)=5

Notas de juego

3 dados para ataque e 1 para defensa.

Cargando editor
07/04/2011, 11:45
Zeltia MacLain

Escoito os bravos berros animosos de Xan, e continúo a bater mandobles coa miña espada na dura carne dos Sidhe..

Trepan coma arañas nun tear, parecen inacabables, pero poderemos con eles..

- Tiradas (2)

Tirada: 3d6(+2)
Motivo: ataque
Resultado: 12(+2)=14

Tirada: 1d6(+1)
Motivo: safar
Resultado: 4(+1)=5

Notas de juego

3 ataque, 1 defensa

Cargando editor
09/04/2011, 10:28
Balgadrox "O Mouro"

Balgadros retorce a lanza nas entrañas do demo ferido mentres que, botando unha perna atrás, asenta a súa posición ofrecendo o escudo a outro dos demos que ataca polo flanco esquerdo, tentando deter o avance do inmigo.

-¡Porco noxento!. Imos facer unha gran cacharela cos vosos corpos. ¡Por Bel que será así!.

- Tiradas (2)

Tirada: 2d6(+5)
Motivo: Tentando rematar ao demo
Resultados: 2(+5)=7, 2(+5)=7

Tirada: 2d6(+5)
Motivo: Defensa
Resultado: 11(+5)=16

Notas de juego

Perdón, me trabuquei e non desmarquei desglosar. A tirada de ataque ven sendo un 9.

Cargando editor
18/04/2011, 19:27
Contacontos

A muralla dos lugóns e un escenario dantesco, mortos por ámbolos bandos a mansalva. No obstante a loita continúa.

 

Un sorprendente oso, acompañado por un lobishome e un lobo están causando grandes danos. Os seus ataques estan cheos de rabia, moitos dos lugóns evitan a zona, desconfiando. Pode que estén a matar sidhe, pero poucas veces tiveron tales compañeiros de pelexa, e pensan que e mellor previr que curar. Ao redor de este curioso grupo, hay unha morea de cadáveres. Están a facer ben o seu traballo, pero os síntomas de cansanzo empézanse a ver, e algún regueiro de sangue empézalles a correr por pequenas feridas abertas.

 

Non moi lonxe, unha guerreira manten a raia un rescoldo do muro a base de mandobres, non son moi rápidos pero si certeiros. unhas cantas cabezas soitarias están aso pes desta formidabel guerreira, cousa que lles fai pensar os seus pasos os sidhe que suben pola muralla. No obstante, cada vez hay mais side, e por moi grande que sexa o mandobre e moi hábil a  guerreira, nada hay que facer contra tal número de sihde.

 

A imaxe do lugar non da moitas esperanzas, pese a que todos aguantades polo momento, a moral mínase. Pois alí donde matades un sidhe, aparecen dous para cubrir o seu lugar, mentres que as filas dos lugóns e seus aliados non paran de minguar. Pouco a pouco, pero minguan.

No momento crítico da batalla, un par de soldados conseguen levantar a moral, dous musculosos homes, un con un sabre chantado no escudo, e outro que acaba de rematar a un demo coma quen corta manteca cun coitelo afianzan os seus escudos e case en solitario cargan contra os seguintes demos ó grito de: ¡CARGADE LUGÓNS, VOTÁDEOS ABAIXO! . Os poucos segundos, este espírito guerreiro contaxiase, e os Guéghel recuperan algo de terreo. 

Inspirado polo valor dos seus compañeiros, o rei Mirrado bótase abaixo da muralla e comeza un combate singular co xefe dos demos. Pouco tarda en sair despedido polo aire, batendo co corpo contra a muralla e quedando inconsciente.

Según a moral subira momentos antes, ver o rei Mirrado case morto, volve minar a moral, e os Sidhe aproveitan para contraatacar. Parece todo perdido, cando o sol empeza a brillar, e os Sidhe marcha á carreira cara o bosque do que sairon.

Ganastes a batalla, aguantastes ate o amencer. Pero a que precio...

Cargando editor
25/04/2011, 14:23
Aldán Mactramar

Destrasfórmome da forma do oso, esgotado e con feridas polo corpo.

Vou cara o lobo e nun linguaxe arcano pronuncio as seguintes verbas, mentres o animal comeza a desconvocarse.

Marcha á terra dos espíritos, irmán.

Tomo folgos lentamente e diríxome cara baixo, coa intención de reunirme co druída e o home-besta. De seguro que poderán dicirme algo máis.

Cargando editor
25/04/2011, 14:30
Zeltia MacLain

Vexo marchar ós Sidhe, fuxindo do sol, e miro tamén ó meu redor.. Hai moitísimos cadáveres de Sidhe, pero tamén moitas víctimas de entre os nosos.

Os feridos láianse pedindo axuda, e as mulleres e menciñeiros da aldea acódenos no que poden.

Baixo a reunirme tamén cos compañeiros. Todos presentamos o fero aspecto dunha batalla gañada a base de cruenta loita..

- ¡Foi unha brava batalla! -dígolles. - Resistimos,pero non é a guerra. Han voltar, e non nos viría mal ten algún plan para contelos.

Cargando editor
25/04/2011, 14:43
Gael "Penedo" MeicBrido

Tras unha noite de dura loita estou derreado, cando o sol asoma polo horizonte e os Sidhe foxen coma os demos que son. Cos meus derradeiros folgos tiro unha pedra da muralla aos que quedan rezagados. Caio de xeonllos e vou recuperando a forma humana, cando por fin remata a transformación estou feito unha merda, dóeme todo o corpo, e estou cheo de mazaduras, de cortes e golpes, non hai oso no corpo que non me doa e estou enchoupado en sangue de Sidhe e humana, non sei de quen é pero polo menos estou vivo. Voto un vistazo arredor e comprobo que todos os meus amigos están vivos. Vexo coma Aldán volve ser el mesmo e o seu lobiño volta o lugar de onde veu. Non me podo mover polo momento, estou tan canso que apenas dou estado de xeonllos. Érgome e vou tras Aldán mentras polo camiño recollo a miña túnica e vouna poñendo. Vou cara Bran, o home-besta e o rei, na procura de consello. Os mortos do noso lado son grandes, non resistiremos moito tempo así. Vou calado, non teño folgos nin para falar, recuperando forzas para o que vai vir.

Cargando editor
25/04/2011, 15:24
Zeltia MacLain

Repetíuseche moitas veces o post :)

Cargando editor
25/04/2011, 16:33
Gael "Penedo" MeicBrido

Si pero non teño nin idea de porqué e non podo borralo.
Edito, as veces aparece a icona para borrar os repetidos e as veces non xa borrei 2 se aparecen máis veces vounos eliminado

Cargando editor
25/04/2011, 17:03
Zeltia MacLain

Eso pasa por actualizar a páxina despois de postear, a mín tamén me ocorría ata que mo comentaron. Non pasa nada, xa borraches algúns, e era por se non te deras conta :)

Cargando editor
25/04/2011, 22:32
Contacontos

 Homes ensanguentados por todos lados, cadáveres, algúns tan deformados que non se sabe se son Guéghel ou Sidhe... por se acaso estanse a queimar todos. A poboación do castro quedou na metade que antes do ataque. Houbo sorte e poidose conter o ataque, pero foi gracias a que o amencer está saindo que gañastes.

A xente que queda viva cae de xeonllos esgotada polo esforzo de loitar contra os Sidhe. Moitos concéntranse onde bateu o Rei Mirrado na muralla. Hai ruxe ruxe por todos os lados. Bren fixo unha aparición corta, con un par de guerreiros e levaron o rei Mirrado cara unha choupana á que non permitiron o aceso. As xentes que non loitaron, pero que quedaron no castro dedícanse agora a atender feridos e repartir auga entre os que non necesitan de moitos coidados.

Mais xusto antes de veres desaparecer a horda de Sidhe na lonxanía. Aquel becho que lanzara polos aires ao rei Mirrado deu a volta antes de se internar no bosque, e berrou cunha voz tan potente que parecía estar a carón dos muros, e non a deceas de metros de distancia:

 

Tendes unha semana pra liscar de eiquí. En oito días volverei, pola noite e arrasarei co que haxa. Avisados quedades.

 

Acto seguido, case por arte de maxia, toda aquela amalgama de sidhe, desapareceu sen deixar rastro, como se non houbesen estado alí nunca.

Notas de juego

 Fin de escea, pasade o seguinte capítulo.