Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo VIII: Epílogo

Cargando editor
15/10/2013, 19:50

http://www.goear.com/listen/4d4930d/protectors-of-...

Polvo, sangue, cadáveres. Ruido, humidade, fedor. Euforía, duda, temor. E un sin fin de sucesións de impresións, sensacións e sentimentos.

A dor da guerreira ártabra era insoportable, as suas últimas forzas esgotábanse, o chairego impotente, miraba como se apagaba a vida nela, mentres el intentaba quitar de enriba o peso morto dun demo, e o Amdaur, en forma de lobo, forzaba ao máximo a sua resistencia pra chegar a tempo de liberala de aquela lanza.

Ao mesmo tempo, un pequeno pero suficiente grupo de cabaleria cargaba, arasando a canto demo había naquel lugar, eran Gehels, moi raros, pero Gehels, o importante e que agora mesmo eran aliados.

A nubareda de polvo, o son dos cascos, os gritos dos homes, era una melodía de salvación e o mesmo tempo de desgracia. Por uns eternos segundos fostedes incapaces de ver nada. E logo...silencio, silencio case sepulcral, interrumpido polas leves pisadas de algún home que por alí andaba e o piafar relativamente lonxado dun cabalo.

A nube de pó disipouse e contemplastedes o dantesco panorama. Un montón de corpos inertes, entre eles o do druida oisín, o cal tiña un corte moi profundo no pescozo, do cal xa non manaba sangue. Zeltia e Muria xacían no chan tamén, con feridas de gravidade. Os cadáveres duns cantos homes da cabalería tamén se apilaban xunto os dos demos.

Victoria, si, pero pagando un precio.

Os presos da mina, xa libres, subían a tempo de contemplar o panorama, sen saber se alegrarse pola sua liberdade, entristecerse por tanta morte, ou temer polo que poidera estar pasando no resto do mundo coa repentina invasión dos side.

Un par de homes acércanse a Muria e Zeltia, un deles fala, hacia os seus compañeiros, pero oese perfectamente. Ten un acento moi raro e moi marcado:

-Ainda estan vivas, pero a punto de apagarse.

Un de eles, un home de cabelo castaño, forte coma ningún outro, cun bigote de ferradura e o corpo pintado con simbolos tribáis míravos:

-Algún de vos é curandeiro?

Notas de juego

Puxen música de goear, pero a min non me funciona o reproductor, así que puxen tamén o enlace, por se queredes escoitala mentras leedes, creo que lle da bastante ambiente.

Cargando editor
15/10/2013, 21:28
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo todavía cheo de enerxía pola loita non pode evitar soltar un ouveo ao ceo o mirar a Zeltia. O ver a Muria ferida doélle na alma pero o ver no mesmo estado a Zeltia prodúcelle unha dor moito más grande.

Cando o home pregunta por un curandeiro Penedo colle o seu zurrón, onde ten as sete apócemas curativas que preparou en Lugh e amósallas.

- Apocemas, aargggga .... curaaaarg....

E mira a Balgadrox, mentras llas ofrece

- Daaaarg apócemaaasss, euuuuuuu maaansss torrrpess, rommmperrrrr apócccemas meeedo

 

Cargando editor
16/10/2013, 20:03
Zeltia MacLain

Escuridade.. Paréceme escoitar voces, pero non estou segura. E sei que non abrín os ollos, pero non teño forza para facelo.. ¿estou morta?.. Non podería dicilo, e, sen embargo.. nótome feble, tal vez sí o estea, e se abro os ollos estarei cos deuses.. Mais non quero..

Cargando editor
19/10/2013, 12:41
Balgadrox "O Mouro"

O chairego ergueuse con dor e asentiu ante as palabras dos recén chegados.

-Aquí o Gael ten coñecementos de apócemas e curacións.

Ó ver o curandeiro ferido, achegouse a el, non sen dificultade. Entón escoitou ao seu compañeiro.

-Acouga amigo, xa me encargo eu-. 

Axeonllándouse para coller as apócemas que lle ofrece o seu compañeiro e deteuse tan só un intre para botarlles unha ollada. Non sabe moito destas cousas e ten claro que administralas mal podería custar a vida a un dos seus compañeiros feridos, así que decidiu seguir o seu instinto e administralas segundo necesidade. 

 

Cargando editor
21/10/2013, 17:03

Con extremo coidado Balgadrox saca as apócemas do zurrón do lobishome, que pese a ser aliado, desperta certo medo nos cercáns, que non soltan as súas armas por se da o caso.

Pouco a pouco e coa axuda dalgúns dos xinetes, o mouro incorpora levemente os corpos aparentemente inertes de Zeltia e Muria, intentando darlles de beber as apócemas. Son varios os intentos, pois e dificil facerlle beber a alguén inconsciente, pero finalmente consegue que cada unha beba integramente unha apócema, gastandoas todas.

Pasan varios segundos, incluso minutos tensos. Algúns de feito, dan por mortas as guerreiras, máis un lobishome e un chairego de ollos claros, non perden a esperanza.

Zeltia e Muria espertan de golpe, coa sensación de quen está apunto de morrer afogado e de repente sae da auga e respira unha enorme bocanada de aire. Os xinetes, prisioneiros liberados, e os seus compañeiros vitorean de alegría, máis pouco dura a alegría en algúns deles, o decatarse de que houbo moitos que non correron a mesma sorte, entre eles o druida, morto no medio do combate.

Mais o desolador do panorama, acabaron coas intencións, foran cales foran dos guerreiros-demo do side. Lugh caera, nada sabía a maioria do acontecido co rei Mirrado, nin dos compañeiros que quedaran atrás, en terras dos Lusóns, pero alí seguían, vivos, e en pé de guerra, para demostrarlle o side, cando fixese falta, que a humanidade, non era tan facil de doblegar.

Por Lugh, pola vida, polos Gehel...polo fin dos Side.

- Tiradas (5)

Motivo: Curación

Tirada: 2d6

Dificultad: 9+

Resultado: 4 (Fracaso)

Motivo: Curación

Tirada: 2d6

Dificultad: 9+

Resultado: 12 (Exito)

Motivo: Curación

Tirada: 2d6

Dificultad: 9+

Resultado: 7 (Fracaso)

Motivo: Curación

Tirada: 2d6

Dificultad: 9+

Resultado: 8 (Fracaso)

Motivo: Curación

Tirada: 2d6

Dificultad: 9+

Resultado: 11 (Exito)

Notas de juego

Había 7 apócemas, das cales, se mal non contei, xa había gastadas 2. Co cal quedaban 5. Balgadrox tiña dereito a 4 tiradas (unha por apócema). Tiro primeiro por Zeltia e logo por Muria. Por sorte, zafan as duas de morrer.

Un post máis de cada un, e con iso cerramos a partida.

Cargando editor
21/10/2013, 18:05
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael está demasiado intranquilo coma para mudar de novo. Non pode concentrarse. O cheiro do Sidhe inunda o seu naríz. Un cheiro enfermizo e podre que lle chega ata o máis mínimo pensamento que tiña. Non pode desfacerse del. Pero ese non é o motivo da súa inquedanza. O motivo da inquedanza do druida é o visión das dúas valentes mulleres tiradas no chan a punto de morrer mentras Balgadrox intenta que beban. Comeza a moverse en círculos e a gruñir polo baixo, cousa que fai que os valentes homes que están alí o seu carón se afastasen un pouco del deixándolle sitio. De camiñar como os homes, pasa a andar as catro patas. Unha, dúas, tres... as apocémas desaparecen e as mulleres non se moven. Cando rematan todas olla cara Balgadrox que lle devolve unha mirada de dúbida.

A carraxe comeza a subirlle pola gorxa e os homes afastanse ó oílo. Semella unha besta a punto de botarse sobre calquera. Da súa gorxa sae un ouveo que fai que moitos boten man das armas. Comeza a ensinar os dentes.... e o milagre sucede. Zeltia e Muria comezan a tusir... están vivas!!! O ouvido convértese nun ouvido de vitoria anunciando a todos que por hoxe, poden voltar a súas casas, hoxe o Sidhe perdeu. Mira cara o lugar onde está a posible tumba do rei mentras se pregunta se de verdade gañaron e se de verdade o corpo de rei está ahí.

Cargando editor
21/10/2013, 19:58
Zeltia MacLain

Un estertor fíxome mover, e sentín azos renovados que rebulían polo meu corpo. Un calor me daba vida, coma se fose aceiro nas miñas venas, e pouco a pouco puiden volver en mín, e darme conta de que era certo, que estaba viva.. Abrín os ollos e vinos a todos arredor de min, de nós, porque tamén ao meu carón estaba Muriel, e parecía que tamén revivía, gracias aos deuses.

Pouco a pouco fóronme volvendo as forzas e puiden poñerme en pé. Había alegría no ambiente, notábase que venceramos.

¿Atopariamos o corpo do rei onde dicían que estaba?

Mirei aos meus amigos, compañeiros, e xa irmáns. Foron moitas aventuras xuntos, moitas leas e batallas. Largo tempo agardamos por este momento, e non puiden menos que dicirlles, agradecida:

-Seica rematou todo.. -dixen, contaxiándome do bo espírito que dominaba aos guerreiros-. ¿e sabedes qué? Despois do que pasamos.. ¡Do que máis teño ganas é de convidarvos a unha cervexa!

Cargando editor
21/10/2013, 23:02
Balgadrox "O Mouro"

- Buf!, Xa pensaba que vos perdiamos. Menos mal. Aceptaría de contado esa cervexa...e de seguro que che axudará a sacar da boca o sabor de esa cousa, porque co mal que cheira, ten que saber a raios.  

Balgadrox dí esto adicando o seu mellor soriso as dúas rapazas, satisfeito por telas salvado. 

-Espero que non queiran que quedemos a limpar. Hahaha.