Partida Rol por web

A espada de MacMorna

Capítulo VI: Fogar, queimado fogar.

Cargando editor
08/07/2013, 14:41

Notas de juego

Rebuscando nas ruinas non atopas moito, pero como tedes tempo, dentro do que cabe, douche permiso pra facer sen tiradas 7 apócemas.

Cargando editor
08/07/2013, 14:48
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo ia liscando cando da volta para falar con Balgadrox

-Non Mouro, non, non teño tempo de ir polo monte a buscar prantas, irei a botica a ver se queda algo que se poida aproveitar. preguntade por cabalos, provisións, e calquera cousa que se vos ocurra que nos poida axudar. E a elaboración das apócemas é algo... privado. Xa me entendes, é un proceso delicado e quero estar só, ou con outros druidas, que non é o caso. Todos temos segredos, xa me entendes

Cargando editor
11/07/2013, 16:34
Zeltia MacLain

-Iremos ti e mais eu na procura do demáis que nos faga falla, se che parece -díxenlle ó Mouro-. Cabalos sobre todo, boas monturas. Armas, con reposto de flechas, e provisións sinxelas de levar. Imos logo, e deixémoslle tempo a Penedo para facer as apócemas. Muria, ti conoces máis por eiquí, podes axudarnos.. Atoparémonos máis tarde, xa para partir sen demora.

A pesar de que todo estaba arrasado, esperaba atopar cabalos, non necesitábamos moitos, e seríannos de gran axuda para viaxar rápidos e lixeiros.

-Muria, ¿qué pode ter cabalos? Mercarémolos se fai falla, pero necesitámolos. Imos logo por eles.

Cargando editor
11/07/2013, 23:54

Poñédesvos en marcha baixo a guía de Muria. Avanzades a poucos, parándovos para asexar e escoitar cada pouco. A medida que vos achegades, escoitades un repiqueteo continuado.

Tras un bo rato de camiñar despaciño parandose cada pouco, chegades a un outeiro que vos permite ver os homes e mulleres de Lugh encadeados uns os outros (son uns 300, moi débiles),nunha sorte de mina, picando sen parar vixiados por uns 15 demos, que patrullan de un lado pra outro fustigando de vez en cando, para apresurar os traballos. A maiores dos "patrulleiro" hay dous ou tres fomoris vixiando cara fora da mina.

Tamén vos fixades en que o demo que comandara o ataque en Lug e que dera o aviso, que está a falar cunha figura encarrapuchada. Ao pouco de divisialos, cada un retirase polo seu lado.

Notas de juego

Tiradas de atención por favor, dificultade 6.

Cargando editor
15/07/2013, 17:05
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox repara na figura encarapuchada. 

-¿Quén será para ter que se cubrir diante dun fato de prisioneiros?. Daría o que fora por collelo e desenmarcarlo.

Logo de ficar un chisco agochado, observando o que acontece, albisca como o encarapuchado se retira, aparentemente sen compañía. Os ollos vivaces do mozo seguen á figura tentando de ver cara onde vai e de calibrar se sería posible tenderlle unha emboscada, mentres aferra a súa lanza con impaciencia, preparándose para a acción.

- Tiradas (1)

Motivo: Atención

Tirada: 2d6

Resultado: 8(+2)=10

Cargando editor
15/07/2013, 23:25
Gael "Penedo" MeicBrido

Gael estivo toda a viaxe en silencio. Coma druida o ataque do Sidhe elle especialmente doloroso e non ten ganas de falar. Vota de menos a Aldán e a Xan e pídelle o Drú por eles tódalas noites. Cando por fin chegan ao lugar onde están os presos, levanta a vista e comenza a preocuparse polos vivos. Manténse preto de Muria e do Mouro, falando o menos posible.

-¿Quén será para ter que se cubrir diante dun fato de prisioneiros?. Daría o que fora por collelo e desenmarcarlo.

- Diso podemos encargarnos máis tarde, Mouro. O principal é rescatar ó rei e a todos os que poidamos.

Penedo vota unha ollada:

- Temos que mirar coma imos facer. Somos menos cá eles.Non sei moito de estratexias pero podo tentar convocar unha néboa, que vos parece?

- Tiradas (1)

Motivo: atencion

Tirada: 2d6

Dificultad: 6+

Resultado: 6 (Exito)

Notas de juego

edito perdón esqueceume a tirada.

Cargando editor
16/07/2013, 08:56
Zeltia MacLain

-Sería una boa idea, porque hai que intentar sorpredelos dalgunha maneira. Ou iso, ou crear alguna distracción, algún son lonxano que os disperse.. A néboa paréceme mellor solución, pero non deixan de ser 15 demos á vez. Por moita néboa que haxa, cando nos escoiten loitar, o son guiaráos.. ¿Qué pensades?

- Tiradas (1)

Motivo: atención

Tirada: 2d6

Dificultad: 6+

Resultado: 6 (Exito)

Cargando editor
18/07/2013, 20:56

Tras fixarvos un rato no panorama que tedes diante, mentres falades e discutides formas de axudar...fíxadesvos nun demo en concreto, que leva no cinto un anel de ferro bastante grande, do que colgan unha morea de chaves. Tras analizar a rutina do mesmo, dádesvos conta de que nun punto da sua patrulla sae do "périmetro" onde se atopan os seus compañeiros, e encontrase nunha situación de illamento visual (só visual) durante aproximadamente medio minuto.

A maiores decatádesvos de que case todos os demos están máis pendentes de "fomentar" a prisa nos traballos que fan os geghel que en evitar ser vistos ou atacados. So tres se centran en labores de vixía, e tampouco e que se esforcen moito.

Cargando editor
21/07/2013, 16:40
Zeltia MacLain

-Rapaces, ¿vedes iso? -preguntéilles, sinalando una das veces na que o demo se atopaba fóra da vista dos demáis-. Temos que facernos con esas chaves, e ése e o momento. Debemos atacalo en silencio ou quitarlle as chaves sen que se decate. ¿Algún é bo ladrón? Porque atácalo.. Se non o ven volver da ronda, igual se poñen sobreaviso o mesmo que se os atacaramos a espada descuberta..

Cargando editor
21/07/2013, 22:31
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo olla para o demo que lle indica Zeltia

- Abofé que tes razón. Pero sintocho moito, teño de ladrón o mesmo que de mariñeiro, e nunca pisei un barco de verdade, soamente botes para cruzar ríos.

Cargando editor
22/07/2013, 19:50
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox asinte ante a apreciación do Penedo, tentando obsevar outras posiblidades.

-Nin eu-laméntase contestando á pregunta de Zeltia-

-Semella que non esperan ser atacados-continúa logo de tomarse un intre para avaliar a situación-así que penso que a mellor posibilidade sería aproveitar esta circunstancia para atacar ao demo e sacarlle as chaves pregando aos deuses porque non teña tempo de dar a alarma ao campamento. Se o consegue, teríamos que nos esforzar en lanzar ataques rápidos e movernos sen parar para despistalos. Se a cousa vai ben, poderíamos seguir así ata que teñamos oportuniade de entrar para liberar ao rei e mais ao seu pobo?. Se tan sequera dispuxésemos de armas para armar á xente e que nos axudasen...con sorte, á sorpresa nos daría una ventaxa que nos permitiría gañar, pero non me parece que sexa fácil. Polo de agora, tentaría dar unha volta con coidado para tentar de achar outras entradas, puntos febles do campamento,...calquera cousa que nos poida axudar a acadar algunha avantaxe.
 

Cargando editor
24/07/2013, 23:09
Muria

Calquer plan é bon, mentres teñamos un plan. Pero algo hay que facer, doeme estar aquí queda mentres o lugóns están a sufrir.

Sexa o que sexa, hemos de facelo xa, igual non se nos presenta outra oportunidade.

Cargando editor
24/07/2013, 23:12

O cabo dun rato, mentres estades a falar, fixádesvos que un dos demos, sube nun león de lume (o mesmo que fai un rato estaba a falar co encarrapuchado, e o mesmo que liderou a orda do Side contra os muros lugóns na primeira ocasión), e marcha en dirección oposta a vos.

Cargando editor
25/07/2013, 18:14
Zeltia MacLain

-¡Este é o momento! -susurrei, ó velo liscar- ¡Imos, logo! A por él, sen facer ruido ningún.

Dirixinme ás agachadas cara a zona onde o demo das chaves quedaba fóra da vista dos demáis, e saquei o meu arco.

Apuntei cunha frecha cara él, buscando puntos febles que o puidesen matar nun instante, sen deixalo ferido.

Unha frecha era silandeira, e con sorte e maña, certeira. Mirei aos meus amigos.

-Se alguén ten alguna idea mellor, éste é o momento -susurrei.

Cargando editor
25/07/2013, 18:32
Gael "Penedo" MeicBrido

Penedo vai tras Zeltia o máis caladiño que pode.

- Como xa che dixen eu non teño experiencia en loitas. Estou as vosas ordes. Pero lembra que podo convocar néboa e xa viches a forma de lobishome. O principal e liberar aos prisioneiros, non temos que matar a todos os Sidhe, pero gustaríame facelo.

Notas de juego

¿Collestes as armas extras para armas ós prisioneiros?

Cargando editor
29/07/2013, 08:08
Balgadrox "O Mouro"

-Paréceme ven...¡imos axiña!, non hai tempo que perder.

Dito isto, Balgadrox parte tras de Zeltia na percura do shide. 

Cargando editor
02/08/2013, 23:02

Pouco a pouco empezádesvos a afacer a idea de avanzar discretamente e facérvos con esas chaves, botades una visual ao panorama e comezadas a andar, despacio, sen facer ruido, buscando coberturas e parando a cada pouco para botar unha nova ollada. Todo parece ir ben dentro do posible, o demo das chaves segue coa mesma ruta, e os gardiáns non parecen sospeitar nada.

É un momento tenso, e calquer cousa pode pasar, máis de vos depende levar ben a sopresa e iniciativa, así como a capacidade de non ser vistos.

Notas de juego

Todo o mundo tiradas de asexar, atención, rastrexar. Logo de facer isto miraremos iniciativas, por calquer cousa que poida pasar.

A tirada de asexar é a dificultade 10, o resto canto mais saquedes, mais cousas vos podrei dicir. A maiores, declarade cada un a vosa inteción exacta (roubar as chaves e matar o fulano que as ten, deixalo inconsciente e roubalas, entrar a tropel, que facer se vos "descubren")

Ista vai ser a zona con mais perigro de morte da aventura, polo que sede detallistas coa descripción do que facedes e como vos preparades, todo pode xogar a favor e en contra.

PD: sinto o retraso, andiven a tope estes días.

Un saudo!

Cargando editor
05/08/2013, 15:02
Zeltia MacLain

-Podemos probar coa túa néboa, Penedo, e se non serve por calquera cousa, matalo. ¿Qué vos parece?

- Tiradas (3)

Motivo: asexar

Tirada: 2d6

Dificultad: 10+

Resultado: 4(+1)=5 (Fracaso)

Motivo: atención

Tirada: 2d6

Resultado: 10(+1)=11

Motivo: rastrexar

Tirada: 2d6

Resultado: 7(+1)=8

Cargando editor
06/08/2013, 08:16
Balgadrox "O Mouro"

Balgadrox vai avanzando cara ao seu obxectivo, con cautela. Tentando de non chamar a atención.

- Tiradas (3)

Motivo: Atención

Tirada: 2d6

Resultado: 6

Motivo: Asexar

Tirada: 2d6

Resultado: 8(+2)=10

Motivo: rastrexar

Tirada: 2d6

Resultado: 11

Notas de juego

A atención tiña un +2. Aínda a sí, non a paso. As outras dous, sí.

Cargando editor
11/08/2013, 22:16

Pouco a pouco, o grupo vai avanzando, con cautela, moi despaciño. Chegados a un punto, no que tedes moi boa visual do demo que leva as chavas, Balgadrox semella ver ao lonxe unhas pegadas "queimadas" no chan, sinálallas a Zeltia, a cal non tarda en erguer a cabeza e divisar ao lonxe o "demo lider" aquel que ia a lomos dun León. Por sorte pra eles, está atendendo outros asuntos e non mira tan sequera hacia donde están eles e os presos.

Decididos a quitarlle as chaves ao demo, Zeltia, aos poucos pasos de chegar ao seu obxetivo, cos nervios do momento, pisa unha rama seca, que fai bastante ruido. O demo que leva as chaves dase a volta e percátase da sua presenza, levando as mans a un corno que tiña no cinto. Antes de que lle dese tempo a nada Zeltia crávalle a sua espada, non podendo evitar, no-obstante, o berro de dor do demo, xusto antes de morrer.

Notas de juego

As tiradas de asexar eran por sixilo e demás, se fallaba un, mala sorte pra todos. Sintoo rapaces. Cerro esta escea, e abro outra nova mañá.

Como Zeltia non vai estar esta semana, posteade na nova escea cando queirades, resolveremos un turno de combate ou dous, enteiros,durante esta semana, e logo esperaremos a por Zeltia pra rematar a aventura.

Un saudo!